Quantcast
Channel: Libraría Aira das Letras » Narrativa
Viewing all articles
Browse latest Browse all 78

A GALICIA MÁXICA DE GARCÍA MÁRQUEZ, por Carlos G. Reigosa

$
0
0

XG00207201Gabriel García Márquez sempre lle atribuíu a maior influencia literaria á súa «avoa galega», que lle contaba as cousas máis atroces sen conmoverse. O escritor descubriu axiña que aquel xeito imperturbable e aquela riqueza de imaxes era o que máis contribuía á verosimilitude das historias. Tras gañar o Premio Nobel en 1982, confesou que escribira Cien años de soledad «usando o mesmo método da miña avoa». Pero, ¿quen era aquela misteriosa «avoa galega»? O escritor parecía referirse á súa avoa Tranquilina, unha colombiana de antepasados españois, mais el sabía que a realidade que identificaba –e reivindicaba– abeberaba na maxia dunha herdanza teluricamente máis neboenta. Foi entón cando dixo: «Os meus avós eran descendentes de galegos, e moitas das cousas sobrenaturais que me contaban proviñan de Galicia.» Nesta obra, Carlos G. Reigosa busca, á vez, o escritor e a súa «avoa galega», seguindo os pasos dun García Márquez que viaxa a Galicia para desenredar a madeixa das súas orixes –persoais e literarias– e que, ao cabo, se perde na selva indescifrable da súa propia creación. Porque non sempre é posible deslindar a realidade e a ficción.


Viewing all articles
Browse latest Browse all 78

Latest Images

Trending Articles


Un cielo inalcanzable


Daddy Yankee - La Despedida (Acapella + Instrumental) (Original de Estudio)...


Alexis & Fido - La Cama ( instrumental original )


Feria del Libro 2024 | Se inaugura el 25 de abril


FERNANDA SILIUTO BRIGANTY [16.628]


ISABEL DE CASTRO Y ANDRADE [18.411]


RAY LORIGA [19.180]


ANA DOLORES ARIAS [19.329]


AKEEM LASISI [20.214]


CATERINA DAVINIO [20.217]